Preguntas máis frecuentes (FAQ)

A intención desta sección é recoller as preguntas frecuentes bastante numerosas que se relacionan co uso de Thunar. Se sabe dalgunha pregunta que falta nesta páxina, por favor envíe unha solicitude.

Por que Thunar non executa os ficheiros marcados como executables?

Por razóns de seguridade Thunar só executa ficheiros de tipo application/x-desktop, application/x-executable e application/x-shellscript. Nos ficheiros desktop a funcionalidade de execución só se activará se o ficheiro desktop é de tipo Application e se proporciona unha liña Exec válida ou se é de tipo Link e se proporciona un URL válido. Para os outros tipos a funcionalidade está dispoñible se o ficheiro está marcado como executable para o usuario actual.

Teña en conta tamén que para application/x-executable e application/x-shellscript, os tipos do ficheiro realmente non teñen que coincidir exactamente con estes tipos, pero abonda se o tipo detectado ten un pai que coincide con algún destes dous tipos mencionados enriba, ou se o tipo MIME é un alias dalgún dos de enriba.

Onde garda Thunar os metadatos asociados cos ficheiros?

Thunar asocia varias opcións cos ficheiros/cartafoles, que chamamos metadatos. Estes metadatos dos ficheiros almacénanse nun ficheiro de base de datos tdb, que se chama metaficheiro. O ficheiro da base de datos almacénase en $XDG_CACHE_HOME/Thunar/metafile.tdb e pode examinarse usando tdbtool, que é parte da distribución de Thunar (situado no subdirectorio tdb/).

Onde garda Thunar a súa configuración?

Thunar almacena as preferencias configurables do usuario (e as opcións ocultas) nun ficheiro .ini, que está situado en $XDG_CONFIG_HOME/Thunar/thunarrc e que se pode examinar usando un editor de texto. Consulte docs/README.thunarrc para obter un resumo das diferentes preferencias.

How to use mouse gestures in Thunar?

Thunar currently features basic support for so called mouse gestures in its icon view. You can use these mouse gestures by holding down the middle mouse button (usually the mouse wheel) while the mouse pointer is on the background area of the icon view component (any area that is not covered by an icon or a text). Now you can move the cursor into four directions to perform certain actions, which are described below.

Esquerda - abre o anterior cartafol visitado
Arriba - abre o cartafol pai
Dereita - abre o seguinte cartafol visitado
Abaixo - recarga o cartafol actual

Como podo asignar diferentes atallos de teclado?

Se quere reasignar un atallo, Thunar soporta o xeito estándar de GTK+ para cambiar os atallos: simplemente poña o punteiro do rato enriba da opción de menú e prema o novo atallo de teclado que lle desexa asignar.

Para eliminar unha asignación de teclado, prema a tecla Retroceso mentres está na entrada do menú.

Se o atallo non cambia entón terá que activar a funcionalidade en GTK+. Isto pode conseguirse de 3 formas:

  • Se está executando Xfce 4.3 ou posterior entón pode activar os Aceleradores de menú editables no diálogo Preferencias de interface de usuario.

  • Se está executando GNOME pode activar os Aceleradores de menú editables no diálogo Menús e barras de ferramentas do centro de control.

  • Noutro caso poña o seguinte no ficheiro ~/.gtkrc-2.0 (cree o ficheiro se non existe):

    gtk-can-change-accels=1

Onde garda Thunar os atallos de teclado?

Os atallos de teclado personalizados almacénanse co formato estándar de asignación de aceleradores de GTK+ nun ficheiro situado en $XDG_CONFIG_HOME/Thunar/accels.scm. As liñas que comezan por ; son comentarios. Consulte a documentación de GTK+ para obter detalles sobre o formato do ficheiro.

Se é un empaquetador ou un administrador de sistemas e desexa proporcionar unha predefinición dos atallos de teclado común para todo o sistema, diferente á dos atallos de teclado predeterminados de Thunar, pode crear un ficheiro Thunar/accels.scm nun de $XDG_CONFIG_DIRS. Por exemplo, se /etc/xdg é parte de $XDG_CONFIG_DIRS (o predeterminado na maioría das distribucións de Linux), pode instalar as predefinicións comúns a todo o sistema en /etc/xdg/Thunar/accels.scm. Thunar cargará entón os atallos dende este ficheiro ao iniciar por primeira vez.